Intro

Máis de mil tormentas despois
Coa pólvora aínda no ar, seguimos tragando po
O mesmo po que erguemos cando organizamos a tempestade
Brotando de cada un dos nosos corpos que bateu contra o chan
Esvaecéndose entre os dedos dos puños que golpean o ceo
Soñamos con asaltalo e sabemos que cantamos pouco
Se pensamos no silencio que deixou a pólvora
Cunetas, montes e fábricas atravesadas
Por milleiros de partículas que se colapsan en forma de raios
Homes e mulleres que erguen primaveras das derrotas
Nenas que xogan cos seus avós a vingar a memoria
Multiplicamos o exemplo, continuamos na loita percorrendo
Cun lume subterráneo, o camiño que vai dende Iowa ata Ferrol
Dende Beirut ata Sant Andreu
Non temos medo á pólvora
Que volva a tormenta!



Credits
Writer(s): Timothy Mosley, S. Everette
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link