Vento negro

Gorxas tan espidas reclaman ás escuras
Demócratas sensatos que prefiren ditadura
Golpes e feridas abriron e non curan
Buscamos a fuxida, a trincheira, toda a axuda
Dez anos de crise, de inquedanza, pranto e medo
Mais quen a ferro mata tamén morre logo a ferro
Se a historia se repite, hai que aprender dos erros
Fraga finou na cama, con Aznar non será o mesmo
Puntos de sutura que fagan de armadura
Cando a gloria pendura, afoga na bruma desta escritura
Non hai punto medio cando a realidade é crúa
Se matan a Kidd Keo? Me la suda

Reparten guerra
Reciben odio
Que non se metan
Coa voz do pobo

Ollos que calan nesta morte en vida
Xente sen casa, sen traballo e sen comida
Hai mans que tapan voces clandestinas
A dor agroma coa miseria en cada esquina
Ollos que calan verdades e segredos
Penas e fatigas nesta parte do deserto
Hai mans que tapan estómagos famentos
Que ninguén viva por conta do esforzo alleo

Moitos anos no paro vendo bastardos pórse no alto
Seguimos remando sen importar por canto
Teño a Stalin no mando, morto de rabia, firme berrando
Juan, ¿y el gulag para cuándo?
Rudas e rudos escapando dos seus garrotes
Corruptas e corruptos dialogando con lingotes
Cadeas con mil nomes, son gaiolas sen barrotes
Non queremos máis dereitos reservados para a corte
Toca emprender, é o que che contan, maldito egoísmo que aperta e afoga
É unha honra non ser desa tropa de artistas de moda que son unha broma
Petar o mercado e ser supervendas: dime, esa merda a quen representa?
Na clase obreira non pesa a carteira, na nosa clase pesan as cadeas

Reparten guerra
Reciben odio
Que non se metan
Coa voz do pobo

Ollos que calan nesta morte en vida
Xente sen casa, sen traballo e sen comida
Hai mans que tapan voces clandestinas
A dor agroma coa miseria en cada esquina
Ollos que calan verdades e segredos
Penas e fatigas nesta parte do deserto
Hai mans que tapan estómagos famentos
Que ninguén viva por conta do esforzo alleo

Cidade morta, dimensión demente
Abusos dos axentes contra as mozas inocentes
Tempos son chegados, tanta loita latente
Berros exaltados neste loito insurxente
Nora goaz zein da jarraitzeko dugun bidea
Zintzilika kateak, antzerkiko aktoreak
Gazteak eta umeak, bete ditzagun kaleak
Gu izango gara herri hontako alkateak
Isto é Saló, un relato nas entrañas
Anos de insomnio, agora os seus choros serán unha nana
Petalo nas salas, nos festis, nas prazas, vai saírlles cara
Somos guerrilla, somos comando, non tan só unha banda

Reparten guerra
Reciben odio
Que non se metan
Coa voz do pobo

Ollos que calan nesta morte en vida
Xente sen casa, sen traballo e sen comida
Hai mans que tapan voces clandestinas
A dor agroma coa miseria en cada esquina
Ollos que calan verdades e segredos
Penas e fatigas nesta parte do deserto
Hai mans que tapan estómagos famentos
Que ninguén viva por conta do esforzo alleo



Credits
Writer(s): Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Miguel Garcia Valdeón, Pedro Iglesias Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link