Pavillón dos Remedios

De cando tiñas meus risos gravados na pedra
De onde eran máis sinxelos de gardar
Se recibías o Miño e coidabas do frío
Os visitantes que non escolleran quedar

Onde xuntaban os vellos o loito e a troula
Santos e roscas no mesmo peto de metal
O lume chega ás árbores que logo amosan
Un percorrido de himnos e cantos pagáns

Agora o lume queimou as súas vellas feridas
Xa só hai almas que vagan sen rumbo e en paz
O derradeiro graal é un monte de pedra
E algún santo que segue procurando altar

Aqueles nenos agora xa non levan rodas
Nin sentimentos máis sinxelos de lembrar
Unha capela ben vale o teu choro en silencio
Se non fose porque a alma bate no chan



Credits
Writer(s): Daniel Alonso Iglesias, Jaime Mateo Fernandez, Alejandro Druso Losada Pedrouzo, Arcadio Gonzalez Novoa, Raul Diz Casal, Alvaro Alvarez Rivera
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link