O Medo Dunha Nena

Cántame, rula, canta
Que o meu corazón pena
E o meu penar é tanto
Que nada me serena
E anque medro e sorrío
Cando comeza a escena
Gardo na miña alma
O medo dunha nena
Gardo na miña alma
O medo dunha nena

Fálame con coidado
Que non atopo cura
Que non teño xa dentro
Carraxe nin bravura
E anque sei que virá un vento
Que barrerá a tristura
Fálame agora lento
Lévame esta amargura
Fálame agora lento
Lévame esta amargura

Pon a túa voz no vento
E como a calandria espera
A que muden os tempos
Para anunciar a era
Devólveme o rumbo
Como eu cho devolvera
Se as túas ás voasen
Lonxe da primavera
Se as túas ás voasen lonxe da primavera

A túa voz é miña
Porque son eu quen canta
E son as miñas alas
As que o teu voo levantan
E anque esqueza que as teño
Elas só se axigantan
Mentres volve a ledicia
Dar na miña garganta
Mentres volve a ledicia
Dar na miña garganta

E cántame, rula, canta
Que o meu corazón pena
E o meu penar é tanto
Que nada me serena
E anque medro e sorrío
Cando comeza a escena
Gardo na miña alma
O medo dunha nena
Gardo na miña alma
O medo dunha nena



Credits
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link