Tucumcari, NM

Non conduzas máis
Por min aquí o deixamos
Por min aquí quedamos
Non quero chegar
por min aquí paramos
Non quero ver o mar

Sentir o sol do deserto
Manexando cara el directos
Agardando non ver
As luces de California
O remate da nosa historia
Aínda é cedo pra min

Gafas escuras
Durmir no asento
Subir a radio
O pelo ao vento

E este anel no mediano
Queda en nada ao poñelo ao lado
Deste lugar
O noso lugar perfecto
Tras o volante, no pavimento
Cando paramos o tempo



Credits
Writer(s): Miguel Barros
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link