Fronteira

A década venceu
Sempre fuches o seu refén
Destruiu todo tento de madurez
Os trinta chámante
Entre whisky barato e o mencer
Berrándote na orella
Tí quen es?

E botas a correr

Busca a saída e non digas nada
Traga as palabras aínda ás malas
Esta xente xa non é
Quen dicía ser
Eses dez anos son unha estafa
Unha mentira, broma pesada
Que esperas de min?
Eu non son así

Quizáis non sexas ti
Vives en lugares sen negún porvir
Arranca o carro e lárgate de aquí.
Sube a radio máis
Por riba das voces que aman dicir
Que eles si saben o que é bo pra ti

Esgotadas as amizades
Vendéronse aos bancos
E á paternidade
Ti segue a bordear
A fronteira xeracional

Busca a saída e non digas nada
Traga as palabras aínda ás malas
Esta xente xa non é
Quen dicía ser
Eses dez anos son unha estafa
Unha mentira, broma pesada
Que esperas de min?
Eu non son así



Credits
Writer(s): Miguel Barros
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link