Festa de Corvos

Cando volverá a nacer
O noso devezo a camiñar
Por estes lagos antano cheos de cor de ceo
E agora baleiros sen fauna que achar
É unha festa de corvos

E cando arrincarás o ollar
Destes miolos sufridos por mor de décadas de coidar
Os fillos desexados, desbotados pola nai que viu morrer
Pola nai que viu morrer
Unha festa de corvos

Por estes lagos antano cheos de cor de ceo
E agora baleiros sen fauna que achar
Pra descubrir
Unha festa de corvos



Credits
Writer(s): Carlos Cernadas
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link