O Último Soño

Que importa máis que este soño
Todo o bo que queda de ti
Da túa alma sen himno
Do teu corpo baleiro
No que che atopo tan vivo
No que che bisbo ao oído

Cólleme da man e ri comigo
Mentres poidamos frear ao tempo
ao tempo maldito

Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer

Ardo cando chove
Sopro cando non hai vento
Rezo cando non hai deus
Canto sen voz
Cando non hai quen escoite
Nas cimas dos montes
Nas aldeas sen homes

Cólleme da man e ri comigo
Mentres poidamos frear ao tempo
ao tempo maldito

Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer

Sen sangue que verter
Nada máis queda que dicir adeus

Canto sen voz
Á túa luz distante
Ca morte por diante
Nas aldeas sen xente

Cólleme da man e ri comigo
Mentres poidamos frear ao tempo
ao tempo maldito

Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer
Quen puidera vencer



Credits
Writer(s): Carlos Cernadas
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link