II. LISÍSTRATA (Varre Vasoira) (feat. Berto)

(A-a-a-a-a-a-ah)
(A-a-a-a-a-a-ah)

Somos distintas das que comezaron
Na nosa pel gardámo-lo legado
Alén das bombas soubemos pararnos
Nin sexo, nin carne, nin putos coidados

Non asumímo-lo voso pecado
Facéde-la guerra cos ollos pechados
Non recoñecedes nin ó propio bando
A acrópole canta

Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña
Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña

Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña
Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña

Nós que coñecemos o cariz da trampa
Sempre deseñada para a vosa lei
Deixade de impoñernos tódolos vosos coidados
Esta casa en que habitamos non é o hábitat dun rei

E é que unha e outra e outra vez
Escoitando a vosa merda sen saber porqué
Sómo-las fillas de tódalas que se plantaron e dixeron
Que, que, que!

Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña
Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña

Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña
Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña

Varre, varre, varre vasoiriña
Varre, varre, vasoiriña miña
A guerra, a guerra, a guerra imos parar
A guerra, a guerra, a guerra imos parar

Xa non calaremos máis
(Non, non, non, non!)
Xa non calaremos máis
(Non, non, non, non!)
Xa non calaremos máis
(Non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non!)

Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña
Varre vasoira, vasoira miña
Fai moito tempo que non várre-la cociña

Varre, varre, varre vasoiriña
Varre, varre, vasoiriña miña
A guerra, a guerra, a guerra imos parar
A guerra, a guerra, a guerra imos parar



Credits
Writer(s): María Pérez Fernández, Sara Faro Lubiáns
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link