Da voz de Cassandra

Como en tódolos mitos, Cassandra era unha nena fermosa
Que rapidamente chamou a atención dos deuses
Espertando tamén o seu desexo

O deus Apolo, perdidamente namorado dela
Ofreceulle o don da profecía
A cambio, como non, de encontros sexuais

Cando Cassandra rompe o pacto y se nega a acostarse co deus
Apolo decide castigala do xeito máis cruel posíbel
Condénaa a predecir o futuro eternamente
Pero nunca ser crida por ninguén

Hai algúns que contan
Que rematou pechada nunha torre
Por tola

Outros din que durante a caída de Troia
Que ela mesma predecira
Foi captura, violada y entregada a un rei como botín de guerra

Sexa como fora
Por moito que a historia revelou que dicía a verdade
Cassandra segue condenada
Como todas nós
A nunca ser crida



Credits
Writer(s): Alberto Mira Cons, Sara Faro Lubians, Maria Perez Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link