Pulso, parte I

Mírame aos ollos, sentirás a calor
Dun lume vivo que arde sen control
A liberdade chegou para quedar
Non hai gaiolas que me poidan frear

Mira o meu corpo cheo de poder
Teño o que quero e cando o quero ter
Un mundo enteiro aberto para min
E a vida en branco por escribir

Camiño
Salvaxe e libre
Camiño
Salvaxe e libre
Camiño
Salvaxe e libre
Camiño

Nin soños, nin pasado, e sen porvir
O que me importa está agora aquí
Aínda me falta moito por queimar
E as mans do tempo non se poden tocar

Non teño santo da miña devoción
Os demos bailan ao meu arredor
O transo segue ata que chega o amencer
Feros impulsos saen da miña pel

Camiño
Salvaxe e libre
Camiño
Salvaxe e libre
Camiño
Salvaxe e libre
Camiño
Libre

Salvaxe

Salvaxe

Salvaxe

Salvaxe



Credits
Writer(s): Os John Deeres
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link