Pulso, parte II

A loucura soprou
E o vento arrastrou
Un po que me cegou

O medo ocultei
Perdendo a razón
Onde non sae o sol

O tempo queimei
O perigo tomei
Rompín cos límites

Bailei co pracer
Tirei co pesar
Nas marxes do ben e o mal

E entre as ondas do teu fume eu voei
Contigo
E entre as ondas do teu fume eu voei
Unha noite máis

A loucura soprou
E o vento enredou
As cordas da miña voz

Non puiden pedir
Piedade por min
Nas túas mans caín

O ceo toquei
No inferno atopei
O refuxio do meu ser

A alma vendín
Pra volver a ti
Só pra volver a ti

E entre as ondas do teu fume eu voei
Contigo
E entre as ondas do teu fume eu voei
Unha noite máis
Voei
Voei
Voei
Voei
Voei
Eu voei
Si voei



Credits
Writer(s): Os John Deeres
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link