Europa E O Ballet

Europa é o lugar onde o ballet
tamén se podería ver
como a maneira de aparentar
que as persoas somos quen de ter ás.

Agora imaxina a viquinga Björk
nun combate desgarrador
contra as coristas do Music Hall
nun choque de civilizacións.

Dos ventos prefiro os metais,
dos praceres todos os orientais.
Dies irae: diciades que iriades alí.

Unha ambulancia anda a percorrer
todiño Rejkjavik.
Leva doente o corpo espectral
de Vivaldi e un violín.

Dos ventos prefiro os metais,
dos praceres todos os orientais.
Dies irae: diciades que iriades alí.

Ten coidado, cazador,
na selva disparan ao corazón.
Será a fin das catro estacións.



Credits
Writer(s): Carlin, Charlon, Esteve, Gelpi, Mosqueira, Vidal
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link