Os Vingativos

Todo empezou onde remata o asfalto.
Cheiro a gasoil e cancións de contrabando.
E o noso paso medrou pola estrada maldita.
Non teñas medo que non, que a túa vida non é infinita.

Neste carro sempre hai quen escolle mal o asento.
Dinos como che vai, non che queda moito alento.
Non temos dirección nin luz que nos acenda,
mais na última exposición fomos o récord de vendas.

Sempre quixo ser abducido.
Trampas e cartón: somos vingativos.

Litros de acción que nos soben á cabeza. N
on hai manifestacións nas terras da lei seca.
Como compensarás a falta de movemento?
Neste carro sempre hai quen escolle mal o asento.

Agora viaxarás cara a adentro
nunha nave especial feita,
feita de cemento.
Viaxe cara a adentro, feita de cemento.



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link