Tambor Adestemperado

Cando se foi meu amore, díxome que non chorase
Que botase ao aire as penas pero que non o olvidase
E olvidei a pai e nai-e, toda a miña parentela
Pero non podo olvidare a un fillo de nai allea

Meus ollos choran por verte, meu corazón por amarte
Meus pes por chegar a ti, meus brazos por abrazarte
I a carón da túa ventana sepultura debe haber-e
Para enterrar os deseios, os que me fan padecer-e

Páxaro que deixa o niño, navío que sae ó mar-e
Soldado que vai na guerra, sabe Dios si volveran-e!
Tocan o tambor da guerra, tócano adestemperado
Malpocadiña de min, que o meu amor é soldado

Tocan o tambor da guerra, tócano adestemperado
Malpocadiña de min, que o meu amor é soldado



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link