Baixo a Kufiya

Son un de moitos nenos, o meu nome é Amir
Teño doce anos e son ilegal no meu país
Vivir con medo cada día é a miña condea
E o meu único delito, non nacer en Tel Aviv
Ao comezo da xornada intento ter unha rutina
Medrar coas compañeiras ao calor dunha familia
Criarse en Palestina é unha infancia clandestina
Entre tanques e pedras, riscos e fuxidas

Pensar mirando á nada en protestas e intifadas
Non hai contos de fadas pra un rapaz que crece en Gaza
Casas derrubadas que soterran a esperanza
A carraxe e a inquedanza que asoballan as miradas
Unha vida que endurece, xa non lembras o importante
Es feliz estando un mes sen sufrir ningún ataque
Caen bombas dende o alto e aínda que sexa un instante
Que o azar decidirá é a única seguridade

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É unha ocupación, que non falen de guerra
Bombardean sen criterio, quen son os terroristas
Que viva a nosa loita e que viva Palestina

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É un xenocidio, que non falen de guerra
Quero vivir en paz sen chorar baixo a kufiya
Que viva a nosa loita e que viva Palestina

Vou cara ao colexio e hai un punto de control
Non podo pasar e caio ao chan dun empurrón
Non sei que está ocorrendo e xa só noto a presión
Dun xeonllo no meu peito sen ningunha compaixón

Fago o que podo, intento fuxir, non podo berrar, tampouco sentir
A vista nubrada, non podo ouvir, vai chegando a fin
O agobio é insoportable e cae o mundo sobre min
Así é como actúa o exército israelí

O exterminio nunca frea e os abusos son diarios
Está Occidente cego? Por que nos dan de lado
Ata cando van durar tanta dor e tantos danos
Isto é un crime, non é cousa de bandos
Esperto xa na casa ao escoitar a alguén chorar

A miña nai dáme unha aperta que espanta todo mal
Estou aínda asustado, non son quen de pensar
Non estou seguro nin no meu propio fogar
Cae de novo a noite e volven as promesas
Derrubar un muro imposto, os bloqueos e as fronteiras
Que non sexa un perigo ondear unha bandeira
E que se algo cruza o ceo non sexa máis que unha estrela

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É unha ocupación, que non falen de guerra
Bombardean sen criterio, quen son os terroristas
Que viva a nosa loita e que viva Palestina

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É un xenocidio, que non falen de guerra
Quero vivir en paz sen chorar baixo a kufiya
Que viva a nosa loita e que viva Palestina

Non penso renunciar a vivir na miña terra
Non penso renunciar a vivir na miña terra



Credits
Writer(s): Juan Pirola, Miguel Garcia, Pedro Iglesias
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link