Coa Música a Outro Lado

Dá saltos o meu corazón
E embriágame a ilusión
Por facer o meu camiño
Seguir a miña intuición
Mais, coma sempre, no mundo
Contrapuntos ten que haber
E algunha mala lingua
Para darme algún revés
E algún que outro golpe
Para verme desistir
Mais eu non me rendo
Só estou cansada

Que se fas, se non fas
Que se deixas de facer
Que se sabes para onde vas
Sen saber de onde vés
Canta, non cantes
Faise todo tan pesado!
Vou pasar de todo o mundo
Vou coa música a outro lado

Dá saltos o meu corazón
E embriágame a ilusión
Por facer o meu camiño
Seguir a miña intuición
Mais sei ben que esta vida
Campo de rosas non é
Miro ben por onde piso
A ver se quedo sen pés
Ou se molesto por ser como son
Non teño medo
Só estou cansada

Que se fas, se non fas
Que se deixas de facer
Que se sabes para onde vas
Sen saber de onde vés
Canta, non cantes
Faise todo tan pesado!
Vou pasar de todo o mundo
Vou coa música a outro lado

Que se fas, se non fas
Que se deixas de facer
Que se sabes para onde vas
Sen saber de onde vés
Canta, non cantes
Faise todo tan pesado!
Vou pasar de todo o mundo
Vou coa música a outro lado

Vou pasar de todo o mundo
Vou coa música a outro lado
Vou pasar de todo o mundo
Voume refuxiar no fado

Tudo isto existe
Tudo isto é triste
Tudo isto é Fado



Credits
Writer(s): Anibal Nazare, Fernando Carvalho, Maria Jose Perez Ferreira
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link