Canción Legüera

Cando non quede aire para respirar
E falemos de imposibles
Cando xa non quede nada para dar
E saibas o que perdiches

Lembra todo o que tivemos nas mans
Todo aquilo que ardeu no silencio
Cando xa non quede nada para queimar
Cando todo sexa inferno

Xunta a túa man canda min
Non falemos de imposibles
Porque o que está por vivir
Ninguén por nós o decide

Cando xa non queden forzas para berrar
E afoguemos nos silencios
Cando os ríos leven a cor do metal
E non haxa privilexios

Lembra todo o que tivemos ao redor
Todo aquilo que vendemos ao demo
Cando xa non quede nada para loitar
Defendamos o que temos!

Xunta a túa man canda min
Eu non falo de imposibles
Porque o que está por vivir
Ninguén por nós o decide

Ninguén pregunta por nós
Só para aquilo que convén
Que non nos dean a razón
Só para intentar quedar ben

Nunca miraron por nós
Negociaron co futuro
Érguete para dicir non
Podemos cambiar o rumbo



Credits
Writer(s): Mj Pérez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link