Falan De Ti

A miña sombra sentada alá non sei onde
entre os murmurios sen saber que dicir
coa mirada cravada no horizonte
mentres escoito como me falan de ti
mentres escoito como me falan de ti
mentres sobrevivo a que falen de ti

Xa non queda nada do que antes era
agora aquí todo mudou
Vou buscando escusas na miña cabeza
para ver se fuxo desta confusión

E na rúa a choiva vai mollando a pedra
Todos os recunchos hoxe falan de ti
A golpe de martelo a memoria teima
en preguntar continuamente por ti
en preguntarme unha e outra vez por ti
e non deixar de preguntar por ti

Xa non queda nada do que antes era
Casandra nunca adiviñou
que toda esta calma traería tormenta
que a miña loucura apenas comezou

Mentres ando perdida pola cidade
buscando alguén para que me fale de ti
bebo da loucura e hoxe non deixa de chover
e busco alguén que me fale de ti
e sigo buscando alguén que me fale de ti
Todos os recunchos falan de ti
e a choiva hoxe tamén
tamén
fala de ti



Credits
Writer(s): Mj Pérez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link