Cadáver sen cabeza

Nos feitos consumados da idiosincrasia allea
Tecemos alboradas de lume e resistencia
Vivimos amargados de amarguras eternas
Colonia e vertedoiro da corte señorial

Caciques aforcados, raposos nas silveiras
Enfermas de xenreira prometemos vingar
A morte da conciencia, a humillación dos servos
Que fixeron a cama pra eles se deitar

Nunca volverán cruzar o mar os seus barcos
Nunca volverán a conquistar, nunca volverán cruzar o mar
Nunca volverá saír o sol no seu imperio.

Vivimos afogados nunha fondura inmensa
Deitados no seu leito só nos poden violar
Submisos e calados perdemos dignidade
De indignos nos trataron para eles se deitar

Modestos prepotentes con lacazáns ociosos
Axitan as cadeas cando nos ven chegar
Deixar saír a besta, o lobo que hai nos homes
E na súa bosteira fagámolos calar.

Nunca volverán cruzar o mar os seus barcos
Nunca volverán a conquistar, nunca volverán cruzar o mar
Nunca volverá saír o sol no seu imperio.

Só lles queda chorar, sen futuro
Só lles queda chorar, sen futuro
Só lles queda chorar, sen futuro
Só lles queda chorar, sen futuro

Imperio fracasado, reino en decadencia
España é un cadáver sen cabeza
Imperio fracasado, reino en decadencia
España é un cadáver sen cabeza
Imperio fracasado, reino en decadencia
España é un cadáver sen cabeza
Sen cabeza!!!



Credits
Writer(s): Pablo Goldar
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link