A nosa hora

Chegará o momento desexado
Brillará unha estrela por cada vida que custou
Chegará cun aviso extraordinario
Rezará nunha pluma que non coñece a rendición

Voltarán as poetas e as pombas cantar
Medrarán as rúas en avenidas ao pasar
Nacerán dende as cinzas mil revoltas
Sairán as palabras que non puidemos falar

Chegará a nosa hora neste lugar que só coñece a deshonra
Cunha canción, cunha pistola, cun caravel nos teus beizos de rosa.

Chegará o momento desexado
Brillará unha estrela por cada vida que custou
Chegará cun reflexo incendiario
Falará nunha lingua que non coñece a rendición

Chegará a nosa hora neste lugar que só coñece a deshonra
Cunha canción, cunha pistola, cun caravel nos teus beizos de rosa.
Nos teus beizos de rosa!



Credits
Writer(s): Pablo Goldar
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link