Unha Mañá de Setembro

Un día vin amencer
unha mañá de setembro
un día vin amencer
o ceo contra os teus ollos
pouco podía facer
o ceo contra os teus ollos
pouco podía facer
eres a lúa no mar
eres a sombra na area
i-eres a lúa no mar
eres todo canto vexo
non te deixo de pensar
eres todo canto vexo
non te deixo de pensar
non ergas o teu ollar
non mires o ceo amor
non ergas o teu ollar
que a lúa non quere estrelas
que a poidan eclipsar
que a lúa non quere estrelas
que a poidan eclipsar
estimaba de te ver
habías de vir contento
estimaba de te ver
para falar, para ouvirte
para darche o meu querer
para falar, para ouvirte
para darche o meu querer
dáme do teu ben querer
déitate aquí ao meu carón
dáme do teu ben querer
que prefiro mil pesares
á morte de te non ver
que prefiro mil pesares
á morte de te non ver
ule o recendo do mar
cando pasas por aquí
ule o recendo do mar
pode ser o teu cabelo
que me vés namorar
poder ser o teu cabelo
que me vés namorar
canto porque sei cantar
bailo porque me divirte
i-canto porque sei cantar
se soubera namorarte
habíache de falar
se soubera namorarte
habíache de falar
se soubera namorarte
habíache de falar
se soubera namorarte
habíache de falar



Credits
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link