O Último Vampiro

Romántico, si,
porque sabes que mil veces mil o teu nome,
de escribirse, escribiríase así: deliciosamente así.

Prácticos, si, como un ceo vestido de gris.
O teu corpo, de morrer, morrería por min: necesariamente así.

Inventaron a cidade e era Pequín.
Dispuxeron unha cama toda chea de flores.
E agradecía que anoitecese entre os teus brazos,
e as estrelas co seu canto de grilos, e era tan romántico,
quiromántico, tan romántico, si.
quiromántico.

Sabes que se naces ou se morres
nunca máis precisarás durmir.
Sangue coa que pinto todos os mobles,
dame razóns para seguir.



Credits
Writer(s): Carlin, Charlon, Esteve, Gelpi, Mosqueira, Vidal
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link