Serafín

Serafín é un neofalante moi elegante:
fala coa súa moza en reintegrado
e co seu amante en inglés.

Trae toliñas a todas as vellas
cando aborda con elas
o problema do País Basco francés.

Xa mediou entre o taberneiro
e o senegalés dos CDs.
Presentoulle a unha celtarra
un grei xentalla e tiveron aquel.

Toda a xente aquí en Vista Alegre
deixa de mollar no prebe
cando aparece o marqués
do bo facer.

Con Serafín será a fin de tanto revés.

Serafín coñece do mundo
a hostia de cousas:
50 ETTs, 20 cargas e cada moluscodos que dan gusto e pracer.

Trae toliñas a todas as vellas
cando aborda con elas
o problema do País Basco francés.

Serafín coñece o cantante
de Ataque Escampe.
Saúdao sempre aínda que sabe
das súas envexas e malas artes tamén.

Cando a terra se volva redonda
que lle rindan todas as honras
ao marqués, ao marqués,
ao marqués do bo facer.

Con Serafín será a fin de tanto revés



Credits
Writer(s): R.vidal
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link