Arredor da cuestión nacional

Teño o teu móbil e un colocón.
Se o azul dos teus ollos chegase como os labios ao ron,
sen ningunha aspiración.
Son noites varadas sen rastro do mar:
bebino todiño coa sede de atreverme a chamar e non souben espertar.

Se eu che canto a ti
como sabes que sei cantar,
é posíbel vivir sen un ril e sen as dúas mans.
Se eu che canto a ti
arredor da cuestión nacional
é porque son e á vez non de aquí (que será, será).

Teño o teu móbil e un subidón.
Que brancos os días se houbese unha estrela para os dous:
leva razón a paixón.
Deitado no prado, amando coas mans,
fumei toda a herbiña que había para poder acougar.
Non deixei campo nin mar.

Se eu che canto a ti
como sabes que sei cantar,
é posíbel vivir sen un ril e sen as dúas mans.
Se eu che canto a ti
arredor da cuestión nacional
é porque son e á vez non de aquí (que será, será).



Credits
Writer(s): R.vidal
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link