I'm not your man

Non te podo querer máis
Xa sabes, teño o corazón de ferro
Eu non son Leonard Cohen
Canto peor e creo en Deus un pouco menos

Son un tipo duro, son da mafia rusa
Son un cowboy
E nunca vas saber o que se coce
No meu interior

Meu amor, ven bailar un chachachá
Meu amor, cando será
O día que teñamos que voltar
Á barriga de mamá

Sittin' on the dock of the bay
John Wayne vixía desde o televexo
Déixame falar de min
Son quen na barra do Maycar mira de esguello

E van os ciclistas subindo montañas
Despois de xantar
Eu lío un cigarro, preparo a fuxida
Detrás do coñac

Meu amor, ven bailar un chachachá
Meu amor, cando será
O día que vexamos estourar
A taberna do lugar

Meu amor, ven bailar un chachachá
Meu amor, cando será
O día que teñamos que xogar
A partida de billar

Meu amor
Con lúa e sol, violíns e trombóns
Bares e cárceres

Meu amor
Xa sei que nunca che fago cancións
Tan importantes



Credits
Writer(s): R.vidal
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link