Xardín De Inverno

Dedícame sorrisos auténticos
Deses que che quedan gravados na cabeza para sempre
I eu non sei sair dese fotograma
Quedo bloqueado na expresión do seu rostro
E desde aí só consigo ir cara atrás
Cando os dous estabamos vivos

Daquela a vida doeu tanto que quixen aprender a camiñar cara atrás
Para non perdelo nunca de vista para non esquecer nunca xamais

Enténdeme non é que non quere telo preto
Pero esa sensación de levar a sua ausencia
Tan pegada na roupa e nas bágoas
Faime pensar demasiado
E estanco en néboa e poesía gris

Vólvese todo contraditorio
Porque el ten a amplitude dun arco da vella máxico
Baixo o que eu camiño
Cos ollos á espreita agardando un milagre
Mudo de poema e de recordo
Porque entre os meus versos tamén hai sitio para ti

Daquela a vida doeu tanto que quixen aprender a camiñar cara atrás
Para non perdelo nunca de vista para non esquecer nunca xamais
Enténdeme non é que non quere telo preto
Pero esa sensación de levar a súa ausencia
Tan pegada na roupa e nas bágoas
Faime pensar demasiado
E estanco en néboa e poesía gris

Daquela a vida doeu tanto que quixen aprender a camiñar cara atrás
Para non perdelo nunca de vista para non esquecer nunca xamais

Enténdeme non é que non quere telo preto
Pero esa sensación de levar a sua ausencia
Tan pegada na roupa e nas bágoas
Faime pensar demasiado
E estanco en néboa e poesía gris



Credits
Writer(s): Noel Enrique Feans Garcia
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link