En Cada Ferida

Calquera arrecendo revive o vivido
Calquera sabor, aceno ou sonido
Co cambio de estación, coma aparición
Ao fechar os ollos revolve os sentidos

Ritmo silabico que conforta a alma
Entrando en trance, un derviche en danza
Rimas bourando, petando o cerebro
Deixan sen tino os nosos demos

Son coma un pichel que desborda en bagoas
Con cada batemento da memoria
Luces e tebras que voltan á vida
Vellas amigas que pensaba esquencidas
Ainda vives en min

Con cada verso volta unha imaxe
En cada nota ecoa o seu riso
Por cada estrofa bulen as viaxes
Que fixemos para manternos vivos

En cada ferida inserido un verso
Un balsamo maxico, brutal e denso
Que cauteriza o noso sangue
Forrando a pele, non abre a carne

Son coma un pichel que desborda en bagoas
Con cada batemento da memoria
Luces e tebras que voltan á vida
Vellas amigas que pensaba esquencidas
Ainda vives en min



Credits
Writer(s): Noel Enrique Feans Garcia
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link