Mentres Todos Os Meus Libros Arden
Perderei a cabeza o día que non vos teña canda min
É máis
Perderei a cabeza
Camiñarei sen rumbo
Polos bordos dos pratos esportelados
Camiñarei
Polo muro pequeno da horta
Comido polo verdello
Falarei soa
Máis do que xa falo
E pode que deixe de me vestir
Ou me vista en exceso
Perderei os ollos
O día que vos perda
Perderei todo o que me cinguiu
O que fun
Porque sei, desde sempre
Que hei perder a cabeza
E a dor será unha dor punzante
E continua
Na comisura dos ollos
Nas costuras do peito
— entón, xa si
Rebentado
Explotarei de negrura cara dentro
E as estelas dos vosos retratos
Quedarán cravadas
Nos órganos máis descoñecidos
— nos riles, no fígado
Nos pulmóns
Só sei unha cousa
Perderei a cabeza
O día que non esteades comigo
Serei viúva de viuvez imposible
Mais non orfa
Porque as orfas xa non visten loito
E eu
Eu vestirei loito por vós
E vestirei loito por min
Deixarei que as tellas caian
Sobre as caixas do peixe frío
Que caian limóns enormes
De todas as árbores
Perderei a cabeza
É máis
Pecharei a casa como unha pantasma
Poñerei todo o ouro e durmirei con el
Porque aínda terá a vosa calor
E unha vez á semana
Chamarei por teléfono a números descoñecidos
Abrirei as cartas
Unha a unha
Para deixalas sen ler
Non diferenciarei as fotografias dos espellos
E o meu camelio murchará
E o cheiro da verdura murchará
E a roupa limpa murchará
Comida pola enfermidade que non ten nome
Perderei a cabeza ata volverme invisible
E deixarei no abandono
Os meus apelidos
O nome co que me construistes
Mentres todos os meus libros arden
Porque eses libros non souberon preparame para a dor
Nin souberon da demencia
Nin me chamaron polo meu nome
A cama sen facer nos sucesivos cuartos
Das sucesivas noites
E o pelo agromando desesperado
Polos recantos do patio
Perderei a fala
Sustentada sobre vós
E todas as referencias e as estruturas
Detrás delas
-das referencias, das estruturas
Cairei eu
Vella, ida, enferma
Co peito aberto en canal
Posto a sollar coma os corvos
Non terei cabeza cando non vos teña a vós
Non terei nome nin casa
É máis
Perderei a cabeza
Camiñarei sen rumbo
Polos bordos dos pratos esportelados
Camiñarei
Polo muro pequeno da horta
Comido polo verdello
Falarei soa
Máis do que xa falo
E pode que deixe de me vestir
Ou me vista en exceso
Perderei os ollos
O día que vos perda
Perderei todo o que me cinguiu
O que fun
Porque sei, desde sempre
Que hei perder a cabeza
E a dor será unha dor punzante
E continua
Na comisura dos ollos
Nas costuras do peito
— entón, xa si
Rebentado
Explotarei de negrura cara dentro
E as estelas dos vosos retratos
Quedarán cravadas
Nos órganos máis descoñecidos
— nos riles, no fígado
Nos pulmóns
Só sei unha cousa
Perderei a cabeza
O día que non esteades comigo
Serei viúva de viuvez imposible
Mais non orfa
Porque as orfas xa non visten loito
E eu
Eu vestirei loito por vós
E vestirei loito por min
Deixarei que as tellas caian
Sobre as caixas do peixe frío
Que caian limóns enormes
De todas as árbores
Perderei a cabeza
É máis
Pecharei a casa como unha pantasma
Poñerei todo o ouro e durmirei con el
Porque aínda terá a vosa calor
E unha vez á semana
Chamarei por teléfono a números descoñecidos
Abrirei as cartas
Unha a unha
Para deixalas sen ler
Non diferenciarei as fotografias dos espellos
E o meu camelio murchará
E o cheiro da verdura murchará
E a roupa limpa murchará
Comida pola enfermidade que non ten nome
Perderei a cabeza ata volverme invisible
E deixarei no abandono
Os meus apelidos
O nome co que me construistes
Mentres todos os meus libros arden
Porque eses libros non souberon preparame para a dor
Nin souberon da demencia
Nin me chamaron polo meu nome
A cama sen facer nos sucesivos cuartos
Das sucesivas noites
E o pelo agromando desesperado
Polos recantos do patio
Perderei a fala
Sustentada sobre vós
E todas as referencias e as estruturas
Detrás delas
-das referencias, das estruturas
Cairei eu
Vella, ida, enferma
Co peito aberto en canal
Posto a sollar coma os corvos
Non terei cabeza cando non vos teña a vós
Non terei nome nin casa
Credits
Writer(s): Noel Enrique Feans Garcia
Lyrics powered by www.musixmatch.com
Link
© 2025 All rights reserved. Rockol.com S.r.l. Website image policy
Rockol
- Rockol only uses images and photos made available for promotional purposes (“for press use”) by record companies, artist managements and p.r. agencies.
- Said images are used to exert a right to report and a finality of the criticism, in a degraded mode compliant to copyright laws, and exclusively inclosed in our own informative content.
- Only non-exclusive images addressed to newspaper use and, in general, copyright-free are accepted.
- Live photos are published when licensed by photographers whose copyright is quoted.
- Rockol is available to pay the right holder a fair fee should a published image’s author be unknown at the time of publishing.
Feedback
Please immediately report the presence of images possibly not compliant with the above cases so as to quickly verify an improper use: where confirmed, we would immediately proceed to their removal.