Máis Forte

Oíches os ouveos na noite.
Pensas que veñen xa por ti.
Triste, non calas o silencio
Que onte pintaches de cor gris.

Xa moi preto están...
Queres fuxir,
Mais conxeloute o medo.
Abre os ollos ben.
Non deixes que o temor te apouque.
Mantente en pé,
Ti podes ser moito máis forte.

Sempre a costas cos espantos
Que coa túa porta foron dar.
Roldan o patio a todas horas
E nunca paran de medrar.

Xa moi preto están...
Queres fuxir,
Mais conxeloute o medo.

Abre os ollos ben.
Non deixes que o temor te apouque.
Mantente en pé,
Ti podes ser moito máis forte.

En canto de esguello ti deixes de mirar
Cada un irá ao seu sitio.
O que ti ves non se parece ao que é real,
Debuxas un mundo ficticio.

Cando te enfrontes ao que te tes que enfrontar
Romperás ese feitizo
Que cada noite te quería visitar
E borrar o teu sorriso.

Abre os ollos ben.
Non deixes que o temor te apouque.
Mantente en pé,
Ti podes ser moito máis forte.

Abre os ollos ben.
Non deixes que o temor te apouque.
Mantente en pé,
Ti podes ser moito máis forte.



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link