As Tebras Malvadas

Xa nin das tebras malvadas
necesitas escapar.
Xa nin o ocaso perverso
queres deixar atrás.

Miro neses os teus ollos,
vexo un baleiro inmortal.
Aquela noite perpetua
non te deixa escapar.

Estende as alas,
terás que voar.
Alí, ao lonxe,
está o edén ao que queres chegar.

E se as sombras
non te deixan marchar
voa máis alto!
Non te podes deixar atrapar!
Non mereces deixarte atrapar!

Cando por unha fendiña
vexas a luz penetrar,
rompe as paredes da cela
a claridade vaiche orientar.

Xa nas tebras malvadas
non vas volver habitar.
Tan só nas túas lembranzas
o recordo estará.

Estende as alas,
terás que voar.
Alí, ao lonxe,
está o edén ao que queres chegar.

E se as sombras
non te deixan marchar
voa máis alto!
Non te podes deixar atrapar!
Non mereces deixarte atrapar!

Estende as alas,
terás que voar.
Alí, ao lonxe,
está o edén ao que queres chegar.

E se as sombras
non te deixan marchar
voa máis alto!
Non te podes deixar atrapar!
Non mereces deixarte atrapar!



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link