A Musa Esquiva

Son os silencios unha parte máis de ti?
Pasan as horas, non hai nada.
Roubaches antes voces que falan por min
E agora calas.

Dáme a túa voz.
Musa, por que non me falas?
Preciso a túa dor
Para sentir viva a alma.

Busco os teus pasos as pegadas que vin
Que deixabas ao meu lado.
Non sei por que, pero precisas de min
E eu sen ti nada vallo.

Dáme a túa voz.
Musa, por que non me falas?
Preciso a túa dor
Para sentir viva a alma.

Se non brillas sempre é noite.
É a noite máis profunda e escura.
Non deixes que a negrura me afogue,
Aínda estás a tempo de me salvar.

Dáme a túa voz.
Musa, por que non me falas?
Preciso a túa dor
Para sentir viva a alma.
Para sentir viva a alma.
Para sentir viva a alma.



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link