A Flor e a Mañá

Danza a mañá cando esperta ao carón
dunha flor que se abre e amosa como é.

Acariña os pétalos da súa amada flor,
ri como se o fixera por primeira vez.
Ri como se o fixera por primeira vez.

Garda a súa calor
nunha caixa
dentro do corazón.

Entre as pingas dunha nube viaxa a súa voz,
atopan os seus desexos sempre o seu fogar.
Voan entre ceos de ouro os sorrisos que
xogan coma nenos nunha rocha fronte o mar.
Xogan coma nenos nunha rocha fronte o mar.

Nunca vai permitir
que a rosa seque.
Fará o que teña que facer.
Non pensa deixar
que as follas non medren.

Non importa onde teña que chegar,
ou se ten que aprender a voar,
ou se os demos a obrigan a deixala marchar.
Quere sentir preto a flor a mañá.

Nunca unha mañá tan alegre se sentiu
como cando dos seus beizos o néctar bebeu.
Compartiu a brisa que meceu a flor
na terra dos soños onde atopou o mel.
Na terra dos soños onde atopou o mel.

Nunca vai permitir
que a rosa seque.
Fará o que teña que facer.
Non pensa deixar
que as follas non medren.

Non importa onde teña que chegar,
ou se ten que aprender a voar,
ou se os demos a obrigan a deixala marchar.
Quere sentir preto a flor a mañá.

Nunca vai permitir
que a rosa seque.
Fará o que teña que facer.
Non pensa deixar
que as follas non medren.

Non importa onde teña que chegar,
ou se ten que aprender a voar,
ou se os demos a obrigan a deixala marchar.
Quere sentir preto a flor a mañá.

Non importa onde teña que chegar,
ou se ten que aprender a voar,
ou se os demos a obrigan a deixala marchar.
Quere sentir preto a flor a mañá.



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link