O Emigrante Namorado

A súa viaxe comezou anos atrás,
Non quedou outra que marchar.
Pensa a diario no lugar onde naceu...
Sabe que non vai volver.

Lembra as palabras que dixo ao partir:
"É só un tempo e volverei por ti".
Un doce bico o trato selou
Mais ese tempo en eterno tornou.
E xa nunca volverá.

Quedou chorando cando el marchou.
Nunca sentira tanta dor.
Aquelas bágoas non pararon de caer,
Nunca o logrou esquecer.

E tantas cartas, tantas recibiu...
Todas dicían: "Volverei por ti".
E nos seus beizos o bico que lle dou
O cruel tempo ao final borrou.

Xa non hai máis area no reloxo
E non lle vai poder dicir
Que nunca xamais,
Nin nos seus mellores soños,
Volveu ser tan feliz
Como nos momentos que
Entre os seus brazos se guareceu.

Xa non hai máis area no reloxo
E non lle vai poder dicir
Que nunca xamais,
Nin nos seus mellores soños,
Volveu ser tan feliz
Como nos momentos que
Entre os seus brazos se guareceu.

Xa non hai máis area no reloxo
E non lle vai poder dicir
Que nunca xamais,
Nin nos seus mellores soños,
Volveu ser tan feliz
Como nos momentos que
Entre os seus brazos se guareceu.



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link