Con Paso Firme

Chega o día, xa está aquí.
Voan entre panos as miradas que nos fan vibrar.

Rompen os beizos e sen finxir
Volven as cancelas a se abrir e deixar pasar.

E con paso firme
E un brío relucente
O ceo está.

Se abrisen as augas
As pegadas confiadas
Non había de estrañar.

Que esperar cando o belo sorrí?
Que pretender se o silencio xa fuxiu?

Non había máis recunchos
Onde esquecer o mundo que nos criou.
E bebendo do atallo confuso
Coa mesma falta imprecisa nos levou.

E con paso firme
E un brío relucente
O ceo está.

Se abrisen as augas
As pegadas confiadas
Non había de estrañar.

Que esperar cando o belo sorrí?
Que pretender se o silencio xa fuxiu?

E con paso firme
E un brío relucente
O ceo está.

Se abrisen as augas
As pegadas confiadas
Non había de estrañar.

Que esperar cando o belo sorrí?
Que pretender se o silencio xa fuxiu?



Credits
Writer(s): José Carballido
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link